PLAYGROUND OBRADOIROS | 2 NOV - 15:30H

PROGRAMA:


Converterémonos en visitantes da nosa cidade, pero non reproducindo os roteiros dos planos turísticos, senón a base de paseos sen rumbo nin destino específicos. Enmarcando a cidade, buscamos reflexionar sobre as formas de ver e experimentar a vida urbana, saíndo da rutina diaria, seguindo as nosas emocións e mirando a contorna desde un punto de vista diferente e persoal.
 
  • Imparte Tipi | Taller O que temos entre mans

Taller práctico sobre transformación participativa de patios escolares. "Unha Colección: Procedementos, Recomendacións, Aprendizaxes", non é unha guía ao uso, non é un manual de instrucións nin unhas indicacións que haxa que seguir ao pé dela letra. É unha proposta para a transformación participativa de espazos escolares que promove a diversidade e igualdade de xénero.
 
We ask young people how their built environment might be improved and empower them to bring that vision to life. Each project has a clear pathway: briefing, design and build, with the children and young people at the centre of every stage. (Obradoiro en Inglés)
 

Coa colaboración de Plena Inclusión Galicia e Down Compostela imos xogar coas fichas e montaxes “ Argallar” para deseñar actividades de educación en arquitectura desde a inclusión, explorando como podemos mellorar a autonomía das persoas con diversidade funcional.
  • Imparte Víctor González | Taller Bloques e palitroques  
Xogo construtivo para practicar coa xeometría, matemáticas e física