PROGRAMA
- Imparte En el Ajo | Taller No aire
Imos pórnos man á obra e inundar de aire un espazo público da Cidade da Cultura cun inchable xigante que se poida percorrer, no que se poida saltar, bailar e experimentar
- Imparte Equipo Mico | Taller E se a túa aula estivese baleira?
Os espazos educativos pouco teñen cambiado nas últimas décadas. Novas metodoloxías, ferramentas de evaliación, leis educativas chegan ás aulas, pero estas desenvólvense nun espazo estático e herdado. E se dotásemos os mestres e mestras das ferramentas que precisan para crear un espazo motivador?
- Imparte detalleres | Taller Libro-Obxecto-Xogo
Taller de xogo onde paseamos pola arquitectura, o debuxo e o deseño. Cando facemos un libro...estamos a construír?, hai arquitectura nun libro?, cando escribimos, estamos a debuxar? Dispoñeremos de libros singulares para esculcar e inspirarnos.
- Imparte Little Architect | Taller Sustentabilidade e Global Goals en Arquitectura
Obradoiro para profesorado de Educación primaria y secundaria sobre Sustenabilidade e Global Goals en arquitectura.
- Imparte Sistema Lupo | Taller Repensar a escola
Cando o proxecto dá o salto do extraescolar ao escolar pasa a denominarse Repensando a escola. Imos afondar no espírito deste proxecto educativo integral e experimental, focalizado no traballo colaborativo e que favorece o espírito de comunidade dentro da escola e coa súa contorna. Desenvólvese conxuntamente co claustro, AMPAS e alumnado.

4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
17.00 h
12 Set 2023 - 20 Xuñ 2024
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas