PequeFilmes

Os máis pequenos da casa terán este mes de xaneiro no Gaiás o seu propio festival de cine: Pequefilmes, con proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que descubrir a maxia da séptima arte.

Durante a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro, o Museo Centro Gaiás proxectará un total de 40 curtametraxes de animación destinadas a dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos, co obxectivo de cada grupo de público teña unha proposta axeitada a súa idade, intereses e gustos. As curtas seleccionadas ofrecen unha pluralidade de temas, puntos de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais e éticos sen perder de vista nunca o divertimento. Ademais, tras o visionado das curtas, cada neno poderá valorar os filmes, de xeito que ao final do festival se concederá un premio ás curtas que máis gustaron, facendo do público un espectador de cine crítico e curioso.

Xunto ás proxeccións, Pequefilmes ofrece un total de catro obradoiros formativos cos que os cativos poderán descubrir o funcionamento do cine dunha forma lúdida e práctica ao mesmo tempo: Obradoiro de Stop Motion en Cartolina, Obradoiro de Mesa de Luz, Obradoiro de Stop Motion en Plastilina e Obradoiro de Sonorización