Obradoiro de Sonorización

O son é unha peza clave no cine. E iso é precisamente o que descubrirán os participantes neste Obradoiro de Sonorización. Cada neno disporá dunha curta muda e unha libraría de sons e músicas, tendo que sincronizar o son da película. Así, comprobará como o sentido da obra pode cambiar radicalmente cando se lle incorpora unha banda sonora determinada.