Un ano máis, Pequefilmes colabora co Festival Internacional de Curtametraxes Clermont-Ferrand, a cita máis grande do mundo dedicada ao cinema miúdo, para traer a Galicia unha escolma dos filmes que foron seleccionados nas últimas edicións do festival francés. Poderán verse en catro sesións, de balde, nas mañás do 15 e 16 de febreiro de 2025.
Para asistir ás mesmas é necesario retirar entrada, sen custo, en Ataquilla ou na recepción do Museo Centro Gaiás (de maneira anticipada) ou o mesmo día das proxeccións no despacho de billetes que haberá no Edificio CINC.
CLERMONT-FERRAND | SALA MIÑOCAS
SÁBADO 15 e DOMINGO 16 ás 11.00h
- NAERIS. Piret Sigus, Silja Saarepuu (Estonia, 2022. 7 min.)
- QUI LI PASSA AL CEL? Irene Iborra (España, 2022. 10 min.)
- BAKING WITH BORIS. Masha Avramovich (Francia, 2023. 8 min.)
- HELLO STRANGER. Julia Ocker (Alemaña, 2021. 6 min.)
- CODE ROSE. Taye Cimon, Pierre Coëz, Julie Groux, Sandra Leydier, Manuarii Morel, Romain Seisson (Francia, 2022. 5 min.)
CLERMONT-FERRAND | SALA FANECAS
SÁBADO 15 e DOMINGO 16 ás 11.15h
- ICE MERCHANTS. João Gonzalez (Portugal, Francia, Reino Unidos, 2022. 14 min.)
- THE SWINEHERD. Magnus Igland Møller, Peter Smith (Dinamarca, 2023. 9 min.)
- L’AIR DE RIEN. Gabriel Hénot-Lefèvre (Francia, 2022. 14 min.)
- ENTRE DEUX SOEURS. Clément Céard, Anne-Sophie Gousset (Francia, 2022. 8 min.)
- AAAAH! Osman Cerfon (Francia, 2022. 5 min.)



