Pequefilmes 2018

Volve ao Gaiás o festival de cinema que a cativada da casa levaba un ano agardando: Pequefilmes. Toda unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias.

  • Máis de 100 curtas, moitas delas premiadas e seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo: Annecy, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest, Dresdner Kinderfilfest e Clermont Ferrand
  • 33 países dos 5 continentes 
  • 23 sesións: 12 de concurso (Fanecas e Miñocas) e 11 fóra de concurso (Vagalumes, Cinema en curso, Carta Blanca  Clermont-Ferrand e Pequeseries)

PROXECCIÓNS DE CURTAS POR IDADES:

De 0 a 3 anos. Entradas en Pequefilmes Vagamules

De + de 4 anos. Entradas en Pequefilmes Miñocas

De + de 8 anos. Entradas en Pequefilmes Fanecas.

Os nenos e nenas son os protagonistas deste festival, pero non só como espectadores, senón como parte activa, xa que terase en conta a súa ollada crítica con votacións do público para conceder os dous premios aos mellores traballos exhibidos:

  • Premio Miñocas
  • Premio Fanecas

TRES CICLOS CINEMATOGRÁFICOS CON PROXECCIÓNS DE BALDE:

  • Pequeseries:  Sala Miñocas, domingo 11:15 horas | Sala Fanecas, domingo 11:30 horas. 

OBRADOIROS CINEMATOGRÁFICOS PARA A CATIVADA:

 

 
En familia
 
Campamento por semana |Do 22 xuño ao 18 xullo
Formación en liña luns, martes e mércores (11h-13.30h)