Pequefilmes 2018: Cinema en curso

Cinema en curso é un programa estrutural de pedagoxía do cinema en escolas e institutos e ten dous grandes obxectivos:

  • Propiciar a descuberta por parte de nenos/as e mozos/as do cinema entendido como arte, creación e cultura.
  • Desenvolver as potencias pedagóxicas da creación cinematográfica no contexto educativo.

 O programa articúlase a partir de catro eixes principais: 

 

  • A presenza regular e continuada de cineastas nos centros educativos impartindo obradoiros xunto aos mestres/as e profesores, dentro do horario lectivo.
  • A articulación do descubrimento da arte cinematográfica a partir dunha metodoloxía que vincula estreitamente a práctica creativa co visionamento de películas. 
  • A formación dos mestres e profesores. 
  • A construción do proxecto como laboratorio de investigación aplicada: espazo de experimentación e reflexión. A partir da análise das experiencias dos obradorios, o equipo de cineastas e docentes xera propostas, materiais e metodoloxías extensibles a contextos educativos diversos

Proxectaranse tres curtametraxes nesta sesión:

  • Entre redes 

CEIP A Rúa (Cangas). Galicia, 2017 - 15 min.

  • Terra dos arxinas

CEIP de Tenorio (Cotobade). Galicia, 2017 -15 min.

  • De Milladoiro a Seidón

IES do Milladoiro. Galicia, 2017 - 16 min.

 
En familia
 
21 Xul 2021
Mércores a partir das 18 horas