Pequefilmes: Obradoiros Miñocas

OBRADOIRO DE STOP-MOTION CON OBXECTOS

Viches algunha vez voar unha onza de chocolate? Neste obradoiro todo é posible! Animaremos unha historia colectiva! Dándolle vida a diferentes obxectos iniaciarédesvos no mundo  da animación fotograma a fotograma cun set con cámara, iluminación e un programa específico para esta técnica. Creatividade sen límites!

  • Duración do obradoiro: 1 hora por grupo
  • Máximo de participante por grupo: 10 nen@s por grupo (acompañad@s dunha persoa adulta)
  • Idades: 4 - 8 anos
  • 6 Grupos:
  • Sábado 20: 16.30h | 17.45h |19h
  • Domingo 21: 11h | 12.15h | 13.30h

OBRADOIRO DE CREACIÓN DUNHA BANDA SONORA 

Completamos a nosa curtametraxe de animación realizada no Pequefilms 2018 cunha banda sonora propia.  Neste obradoiro aprenderemos a crear os efectos sonoros (foley), a interpretar voces e tamén ritmos e música para a nosa historia.

  • Duración do obradoiro: 1 hora por grupo
  • Máximo de participante por grupo: 10 nen@s por grupo (acompañad@s dunha persoa adulta)
  • Idades: 4 - 8 anos
  • 3 Grupos:
  • Domingo 21: 16.30h | 17.45h | 19h