Pensar coas mans | Visita comentada en homenaxe a Luciano García-Alén

O Museo Centro Gaiás organiza unha visita comentada especial a Pensar coas mans, en homenaxe a Luciano García-Alén, que será guiada pola mesma comisaria da mostra, Verónica Santos Farto.

A visita está dirixida a Asociación de Mulleres de Bamio e contarase coa filla do etnógrafo e médico, María García-Alén e a súa nai, a protagonista do video que pode verse en Pensar coas mans.

Nesta visita comentada incidirase na especial relación coa olería de Bamio de Luciano García-Alén.

Médico e etnógrafo, Gustavo García-Alén dedicou parte da súa vida a percorrer Galicia estudando a olería popular, sobre a que publicou diversas monografías, especialmente a obra La alfarería de Galicia, editada en dous tomos pola Fundación Pedro Barrié de la Maza coa colaboración do fotógrafo e debuxante Xosé Manuel Gómez Vilasó no 1983. Tamén escribiu libros de investigación sobre a olaría como: A olería tradicional de Gundivós. As formas, A olería da Terra Chá

No empeño por dignificar a cultura popular foi patrón fundador e presidente da xunta reitora do Museo do Pobo Galego e membro do padroado do Museo de Pontevedra. En 1986, cun grupo de profesionais e empresarios, fundou e presidiu durante a súa primeira etapa o grupo de opinión Clube Nacionalista Alén Nós, tribuna pola que desfilaron a práctica totalidade das personalidades da vida cultural e política galega, así como destacados personaxes de fóra de Galicia.



 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h