Ópticas para a cativada 2024

Un ano máis, o ciclo Ópticas contemporáneas non esquece o público miúdo coa organización dos obradoiros infantís Ópticas para a cativada. Dúas propostas que discorren en paralelo aos concertos Mudar a pel e The Four Seasons Recomposed para que as pequenas e pequenos poidan gozar e aprender a través da música, favorecendo a conciliación das familias que asistan ás actuacións. Ópticas para a cativada é de balde, previa reserva de praza no Museo Gaiás ou a través de Ataquilla.

Música, texturas e palabras para sentir | Obradoiro paralelo ao concerto «Mudar a pel» | Venres 18 outubro

Mudar a pel

Neste obradoiro as nenas e nenos explorarán diferentes palabras, texturas, movementos e sons para traballalos de maneira libre e poñelos en relación co seu sentir individual. Unha maneira lúdica de entender como poden empregarse para expresar emocións, pensamentos e ideas propias pero tamén como ferramenta de comunicación e relación cos demais. | RESERVA DE PRAZA*

As estacións de Ritcher e Vivaldi | Obradoiro paralelo ao concerto «The four seasons recomposed» | Sábado 16 novembro

Real Filharmonía de Galicia Unha aproximación á música descritiva a través da percusión, o movemento e a creación de espazos simbólicos e máscaras para cada unha das catro estacións. A cativada indagará nos efectos musicais e instrumentos que representan a primavera, o verán, o outono e o inverno na obra clásica de Antonio Vivaldi e na versión contemporánea de Max Richter, buscando as similitudes e diferenzas entre ambos. | RESERVA DE PRAZA*

*Para reservar praza nos obradoiros infantís é necesario adquirir entrada para o concerto correspondente («Mudar a pel» – 18 out«The Four Seasons Recomposed» - 16 nov)

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas