Obradoiro: Un corazón a flor de pel

Nesta actividade un estrambótico médico do corazón achegarase a facer unha particular revisión médica. Os seus métodos son moi raros: Receita apertas, falar, mirarse,...e propón exercicios como escoitar o teu propio corazón, respirar fondo e calmo, pensar positivo...

Con el coñeceremos como funciona de verdade o noso corazón, aprenderemos que nel conviven un sinfín de emocións e sentimentos e que se aprendemos a escoitalo aprenderemos a escoitar a quen nos rodea. Unha viaxe pola xestión da intelixencia emocional que asente unha base dende a que edificar unha saudable vida social.