Obradoiro 'E que rico sabe o mar!' | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2022

Este obradoiro organízase para rapazas e rapaces de entre 10 a 12 anos. O desenvolvemento da actividade estará baseado no contacontos interactivo do cómic “E que rico sabe o mar!”, editado polo IIM (Instituto de Investigacións Mariñas) do CSIC.

Daráselles aos participantes a oportunidade de gozar, de forma amena e entretida, de contidos rigorosos e adaptados á súa idade, sobre os alimentos de orixe mariña (pesca e acuicultura), e a trazabilidade, conservación e revalorización dos mesmos, entre outros.

O percorrido do obradoiro será da man dos personaxes do cómic, e ao final todos/as os/as participantes levarán un exemplar do devandito cómic.