Obradoiro de reloxos de sol

Tras unha explicación sobre a orixe e funcionamento dos reloxos de sol, os asistentes podan ver dous tipos diferentes: un de tipo horizontal, co que a sombra do estilete dá a hora sobre un plano paralelo ao horizonte; e mais outro vertical, no que o plano fundamental do reloxo é  unha parede.

Paralelamente, os visitantes poderán observar por proxección as manchas solares, típicas cando o astro rei se atopa nun máximo de actividade como este ano.