Obradoiro de ilustración con Santy Gutiérrez

A Biblioteca de Galicia conmemora o Día da Ilustración (que se celebra o 30 de xaneiro) con este obradoiro impartido polo coñecido artista Santy Gutiérrez.

O obradoiro está aberto a participación de todas as idades, mais recoméndase a partir dos 10 anos. Tamén se considera unha actividade encamiñada para aquelas persoas que xa teñan certa destreza co debuxo.

Na actividade farase un repaso polo oficio de ilustrador: a que se adica, as súas funcións principais, e amosarase como levar adiante unha encarga dende que se recibe ata que se entrega á editorial: recepción e lectura do texto, identificación de pasaxes a ilustrar, deseño de personaxes principais, bocetos e acabado final. Deténdose no proceso no coñecemento de técnicas básicas de composición, tipos de planos e debuxo.