Obradoiro de Entroido

A actividade desta semana consiste en que cada cativo fabrique elementos característicos de diversos oficios. Unha vez teñamos os elementos feitos, os nenos e nenas cambiaranse de disfrace, facendo así que cada participante probe todos os oficios e poida meterse no papel de cada un. Aproveitarase tamén para tratar os estereotipos ligados ao xénero e os oficios.

 
En familia
 
5 set 2026
De 17:00h a 20:00h