Utilizando imaxes obtidas desde o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, os participantes coñecerán o efecto bólido: a entrada na atmosfera dunha pedra cósmica e a posible chegada de parte desta ao chan, ou sexa, de meteoritos.
Amosaránse "en vivo" algúns meteoritos de diferentes tipos e darase conta de toda a metodoloxía utilizada polos investigadores para tratar de buscalos unha vez que se teña observado un bólido cercano.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Sáb — Dom
12.00 e 17:00 horas







