O deleite na palabra. Larpeiradas dos literatos

Poucos dubidan que a comida e a lectura son dous grandes praceres. E con frecuencia van da man. Así, o noso larpeiro favorito, don Álvaro Cunqueiro, dicía: “son as xentes da imaxinación, case sempre, as que comen mellor”. É certo, a historia da literatura está repleta de grandes comedores e bebedores, hedonistas consumados que se entregaron ao goce sensual do sabor, o aroma, a textura e a evocación. Ás veces polo camiño do exceso, como naquela película de Marco Ferreri, ás veces cunha contención sublimada e case espiritual. O caso é que, dun xeito ou outro, son incontables as referencias literarias á gastronomía, de Platón a Jorge Amado, de Petronio a Rabelais ou Vázquez Montalbán. Un tema moi de actualidade, agora que a alta cociña semella terse democratizado, reclamando o seu lugar no altar das artes.

12:00 | Relatorio: Donna Leon. Escritora estadounidense, afincada en Venecia desde 1981. Considerada a gran dama da literatura negra de hoxe, a súa obra foi publicada en trinta e catro países. Creadora do personaxe do comisario Brunetti (La 2, TVE), os seus libros están ateigados de referencias gastronómicas. A destacar entre eles El sabor de Venecia, escrito a catro mans coa súa amiga Roberta Pianaro. A súa última novela é Sangre o amor (Seix Barral, 2015).

13:00 | Showcooking: Manuel Gago & Alberto Lareo. Como na literatura negra, ás veces na gastronomía creativa nada é o que parece, e o produto humilde disfrázase de manxar fastuoso, para sorpresa e abraio do comensal. A famosa técnica do trampantoxo (arte do engano) é coñecido desde a época de Roma, pero adquire un singular refinamento na cociña actual. Nexos propón nesta última seisón un percorrido pola historia do espellismo culinario da man de Manuel Gago, xornalista e profesor da USC, e do cociñeiro Alberto Lareo, chef do restaurante Manso.

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada