Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo, e Clara colle un enorme disgusto. Para consolala o seu pedriño cóntalle a historia do boneco, xa que o Crebanoces é, en realidade, un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.
O Crebanoces é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann, e no que se emprega a música que creou Tchaikowsky, soando por enteiro a suite do Crebanoces. O espectáculo está dirixido a público familiar co que os rapaces e rapazas pasaranno fenomeal en compañía dos seus pais, avós, amigos...

15 Dec 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h