Novas estratexias de comunicación e presenza de marca en proxectos culturais

Aínda que a figura do patrocinador resulta clave para o financiamento de proxectos culturais, o seu papel xa non se limita ao investimento económico. A súa presenza mídese agora en termos de interactividade coas novas tecnoloxías ao seu alcance, “creando momentos”, establecendo vínculos emocionais co seu público e fomentando a aparición de novos formatos e actividades alternativas que contribúen á diversificación da oferta cultural. Analizaremos o cambio de paradigma tecnolóxico, partindo de iniciativas exitosas da implementación dos novos medios na súa estratexia de márketing e comunicación.

Participan:

Víctor Flores (Pontevedra, 1980), licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, foi programador e DJ no club vigués Vademecum, fundador do Colectico SINSALaudio e do Festival Sinsal, e colaborador en diversas publicacións musicais e culturais. Durante o últimos dez anos foi responsable de comunicación e director da área de Cultura de Red Bull España.

Víctor Mantiñán (Ginebra, 1979), Product Manager de 1906 e SON Estrela Galicia en Hijos de Rivera SAU e conta cun Posgrao en Márketing e licenciaturas en Xornalismo e Musicoloxía. Combinou diversos traballos en áreas como o márketing e a comunicación, traballando para grandes clientes e axencias internacionais, especializándose en estratexia e branding sempre vinculado coa actividade musical.

Modera:

Cristina Costa Acha (Vilanova de Arousa, 1979), profesora Márketing e Publicidade da Universidade e Escola Superior Márketing de Vigo e directora de márketing de Bodegas Marqués de Vizhoja.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas