Nexos infantil: Últimos días con Shakespeare e Cervantes

Para esta sesión, e ao xirar a mesma arredor da figura de dous autores universais, presentaremos aos autores, as súas vidas e as súas obras, leremos fragmentos dos seus poemas e textos. Coñeceremos as súas vidas de maneira divertida, centrándonos nas anécdotas que os fan interesantes, e deste xeito nos achegaremos as súas obras. Traballaremos a partir dos libros galegos de Banda Deseñada de D.Rubín Romeo e Xulieta e Miguel en Cervantes.

Despois nos disfrazaremos uns de Shakespeare e outros de Cervantes e un concurso de imitación, ebn lendo os seus poemas, ben imitándoos… Finalmente, e agora que xa coñecemos os seus universos literarios e as súas figuras e relevancia nas letras, as súas obras e a súa biografía, crearemos dous murais colectivos descritivos nos que compararemos as vidas de ambos autores, cruzando e relacionando ambos murais e, ademais, incluiremos novos poemas artellados polas nenas e nenos a partir dos seus versos.

 
En familia
 
Campamento por semana |Do 22 xuño ao 18 xullo
Formación en liña luns, martes e mércores (11h-13.30h)