De volta co Crebanoces. Unha historia musical | Nadal no Gaiás 2023-2024

Con motivo da celebración do Nadal, a Biblioteca de Galicia organiza un concerto de violín e viola, no que alumnado do centro educativo En Clave Método Suzuki reinterpretarán o conto do Crebanoces. A música de Chaikovski estará ligada a ilustracións e narración que servirán de fío condutor dunha das historias e música máis emblemáticas do Nadal.

O centro educativo En Clave Método Suzuki, situado en Santiago de Compostela, leva máis dunha década desenvolvendo o seu proxecto Suzuki. Foi o centro pioneiro en Galicia e o único que traballa esta metodoloxía en Compostela.

 
En familia
 
8 de xuño de 2024
Ás 11.30 e ás 12.00 horas