Music Way

O festival Music Way chega á Cidade da Cultura a través dunha programación especialmente deseñada para o público infantil. O sábado 29 celebraranse concertos, obradoiros e outras actividades relacionadas coa música e dirixidos a nenos ata 14 anos, unha experiencia coa que contaxiar aos máis novos do espírito da música e facelos partícipes do proceso creativo.

Polo escenario do Gaiás pasará o grupo infantil Mamá Cabra para animarlle a tarde aos máis pequenos artellando divertidos xogos e animadas cancións. Para os afecionados á cultura urbana, o Music Way trae uns auténticos especialistas na arte do street dance, con coreografías espectaculares a ritmo de hiphop: Brodas. E para pechar este cartel, Alondra Bentley regresa ao Gaiás con novo traballo baixo o brazo: un disco con cancións que escribiu para nenos: Alondra Bentley sings for children, It's Holidays.

O Music Way contará, ademais, con todo un programa de actividades e obradoiros cos que achegar aos nenos ao mundo da música: un obradoiro para futuros dj, outro de composición musical en directo a través do ordenador, un que customizar camisetas e mesmo un espazo para aprender a construír instrumentos musicais reciclados. A oferta de actividades complementarase cun obradoiro de fotografía musical, un karaoke, o visionado de curtas e a instalación dun instrumento de percusión moi especial: o Aquofono.

+ info: www.musicway.es

 

 
Música & Escena
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo