Mucho

Carlos Pinto (batería), Víctor Cabezuelo (teclados), Miguel de Lucas (guitarra) e Martí Perarnau (voz) forman Mucho, pop-rock cósmico e cun punto gamberro.

Tras pasar por festivais de toda a Península, Mucho chega ao Atardecer no Gaiás co seu potente directo e as cancións de Pidiendo en las puertas del infierno, o seu último traballo, aínda frescas e vivas.