Nin aburrida, nin eslamiada! A música clásica é ben entretida, divertida e, como non, un perfecto plan para gozar en familia e achegarlles aos máis pequenos e pequenas da casa un repertorio que os cativará polos seus ritmos e composicións amenas e suxestivas, que alimenta as mellores das historias: as que a música nos recrea e provoca no maxín!
Este é o fin de Miúda Clásica! : acabar cos prexuízos entre os máis pequenos, e os que non o son tanto, de que a música clásica non é un plan divertido e tampouco familiar. Para desbotar esta errada idea, contamos cunha estupenda aliada, a Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba fillo, que trae á Cidade da Cultura de Galicia Quatro momentos, un programa cun repertorio que fará que a música clásica forme parte do voso lecer e das vosas vidas para sempre.
Repertorio de Quatro momentos:
– Sarabanda sobre un tema de Haendel. Rogelio Groba. 4’
– Suite Saint Paul de Gustav Holst. 15’:
• JIG
• Ostinato
• Intermezzo
• Finale (The Dargason)
– Adagio para clarinete e orquestra. H.J. Baermann. 6’39’’
– Simple Simphony Op. 4. Benjamin Britten. 20’39’’:
• Boisterous Bourrée
• Playful Pizzicato
• Sentimental Saraband
• Frolicsome Finale
– Romanza. Jean Sibelius. 5’
– Quatro momentos. Ernani Aguiar. 12’:
• Tempo de Cabocolinhos
• Tempo de Maracatú
• Canto
• Marcha
Orquestra de Cámara Galega
Rogelio Groba – Director Concertino
Lola García – Clarinete
Iván Martínez, Pedro Piñol, Mónica Fuentefría e Domingo Etcheverría – Violíns I
Sara García López, Enrique Agrelo, Moises Gestal e Laura Parrado – Violíns II
Xavier Fernández, Marta Oro Amón e Oscar Tomé – Violas
Alba Reirís, Guillermo e Sara Postigo – Cellos
Pilar López Seijo e Jose Manuel Canosa – Contrabaixos


