Que é un scriptorium medieval? Obradoiro de paleografía para descifrar escrituras antigas | Mes da Ciencia en galego na Biblioteca de Galicia 2024

Neste obradoiro de Paleografía a rapazada descubrirá esta ciencia dun xeito ameno a partir de mostras de documentación medieval e moderna, tanto pergameos orixinais coma facsímiles (Tombo A, Cantigas de Santa María ou pergameos notariais do século XV).

Explicaranse todos os retos aos que se teñen que enfrontar os historiadores e as historiadoras cando se atopan con estes materiais (escrituras case imposibles de descifrar, roturas, abreviaturas complicadas, tintas esvaídas…) así coma as partes que debe ter un documento notarial. Deste xeito, os nenos e as nenas deberán elaborar o seu propio documento medieval con pluma e tinta, e validalo cun selo pendente de fíos de seda ao máis puro estilo medieval. 

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas