Onde está a miña cunca? Contacontos e obradoiro de cerámica | Mes da Ciencia en galego na Biblioteca de Galicia 2024

Unha actividade participativa con moito conto!

Na primeira parte da actividade, realizarase un conto con kamishibai, que é unha forma popular de contar historias no Xapón. O conto, elaborado e ilustrado por José Ramón Almeida, narra a historia de Brica, unha rapaza que viviu hai 6000 anos nunha aldea do Neolítico e que perde a cunca na que comía. Isto desencadea unha serie de eventos que exploran a vida na prehistoria, culturas diferentes ou atemporais á nosa, e valores esenciais coma a amizade, o perdón e a cooperación.

Na segunda parte da actividade, realizarase un obradoiro de cerámica no que se explicarán as formas de modelar o barro para facer unha cunc, semellante á descrita no conto. A actividade proposta é unha experiencia educativa envolvente, que combina a narración de historias co aprendizaxe práctico sobre cerámica e a vida no Neolítico.

 

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas