Mercado de Industrias Culturais Atlánticas

O Mercado das Industrias Culturais Atlánticas é o primeiro encontro entre empresarios arxentinos, españoles e portugueses a través de Galicia co obxectivo prioritario de desenvolver as industrias culturais de dous territorios separados por un océano, mais unidos por unha historia común capaz de contribuír ao intercambio eo crecemento dos seus bens e servizos culturais.

A iniciativa proponse consolidar un futuro conxunto potenciando as propias identidades e creando circuítos de circulación con Galicia como porta de entrada para canalizar este intercambio no marco iberoamericano.

Cál será a dinámica de MICA Atlántica?

Os sectores convocados son seis: Artes Escénicas, Audiovisual, Deseño e Artesanía, Editorial, Música e Videoxogos.No mercado, empresarios institucións, produtores, artistas e pymes atoparanse cos seus pares trasatlátnicos para abrir novas oportunidades de vinculación e intercambio comercial, a través de rondas de negocios, conferencias, debates e presentacón artísticas en vivo.En Santiago ofreceránse actuacións e espectáculos con artistas arxentinos e galegos ata o 30 de novembro.

 
Visitar
 
 
00:00
 
pdf 1.09 MB