Melisa Calero e José Torres

Atardecer no Gaiás comezará esta semana co flamenco contemporáneo da bailaora Melisa Calero e a guitarra de José Torres. Ambos os dous subirán ao escenario para ofrecerlle ao público Delicatessen, unha colección das máis selectas creacións, revisionando o flamenco clásico.

Un traballo valente que mantén ao espectador enganchado pola súa emoción, atrevemento e pola súa liberdade creativa.

 
Música & Escena
 
 
00:00
 
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
26 — 29 Mai 2026
Portas abertas: 29 Mai | 17 h