McEnroe

Atardecer no Gaiás arranca por todo o alto  o 7 de xullo cunha das mellores bandas de música independiente do país: McEnroe.  

Os de Getxo chegan ao Gaiás co seu quinto disco baixo o brazo, Rugen las flores, once cancións de vendaval emocional, momentos de luz, electricidade, melancolía e soidade. Rugen las flores é o álbum que máis se achega a como sona McEnroe en directo, con máis desenvolvementos instrumentais e buscando outros sons sen alonxarse dos que lles gustan. Unha gran cita para comezar o verán!

 
Música & Escena
 
 
00:00