María e os ollos alabarados

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, dedicadas este ano á escritora Mª Vitoria Moreno, a Biblioteca de Galicia organiza este espectáculo de narración oral e monicreques a cargo de Xarope Tulú, baseado na obra desta insigne escritora María e os ollos alabarados.

A través de diversos relatos e fragmentos das obras: Mar adiante, Pan con chocolate, Querida aboa... Percorren o universo da autora poñendo de manifesto os temas máis relevantes dos seus escritos, como a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respecto á natureza ou o amor polos animais.

 
En familia