Maker Faire 2017

 

Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas: educación, gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc. Un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais. Este ano o evento celebra a súa terceira edición consolidándose como a máis importante da península, tanto en número de makers como de asistentes, e situándose entre as cinco con máis visitantes de Europa, despois de grandes cidades como Roma e París.

Ademais, este ano seleccionáronse 50 proxectos que engloban un total de 200 makers entre proxectos individuais e colectivos. Unha cifra superior á media de 150 makers das edicións anteriores. No seguinte enlace podes consultar os proxectos dos Maker destacados de 2017, entre os que hai robots educativos e proxectos vencellados á educación e a ciencia: http://galicia.makerfaire.com/call-for-makers/

Deste xeito, a Maker Faire Galicia pretende dar un salto cualitativo ao deseñar un día exclusivo para profesionais.Como obxectivo deste ano a feira busca dar o salto internacional, para o que contarán con relatores e expositores de referencia a nivel mundial, con participantes chegados dos Estados Unidos ou de Reino Unido entre outros, dándolle unha visibilidade maior ao evento e que esperan repercuta en novas oportunidades de negocio para as empresas e makers participantes. Coa divulgación dos proxectos a través do Movemento Maker, a Galicia Maker Faire busca que creza a inquietude por innovar, xerando un punto de contacto para a transmisión de coñecemento entre as distintas xeracións.

Ademais contarase coa presenza de relatores como Richard Stallman ou David Cuartielles.

Para esta edición de 2017, o evento suma un día máis de programación, o venres 24 de novembro, que estará enfocado ao sector profesional, favorecendo que os expositores poidan dirixir dun modo máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do diferente público obxectivo. Deste xeito será só para empresas, previo rexisto no web: https://galicia.makerfaire.com/edicion-2017/

PROGRAMA DO VENRES 24
Horarios

9.00 h - Recepción e acreditación de asistentes. Visita á exposición.

9.30 h - Saúdo e benvida. Presentación da xornada. IGAPE, APD, Círculo Financiero de Galicia, Maker Faire Galicia, Cidade da Cultura, Concello de Santiago de Compostela

10.00 h - "E-RENOVARSE OU MOREER" Silvia Leal, doctora, experta en e-liderazgo e enerxía innovadora. Directora académica de programas de innovación e tecnoloxía no IE BUSINESS SCHOOL Presenta: IGAPE

10.40 h - PRODUCTO: ESTADO DA ARTE DA INDUSTRIA 4.0 Robótica colaborativa, Impresión aditiva, Internet das cousas, Big Data.
Interveñen:

 

  • Manuel Jiménez, end users sales mananger y especialista en Internet de las Cosas (IOT) - EcoStruxure de SCHNEIDER ELECTRIC 
  • Antonio Rodríguez del Corral, director Innovación GRUPO EUSKALTEL
  • Juan Antonio Marchán Higuera, enxeñeiro en mecánica industrial, ARIANE
  • Sergio Daniel González y Martínez, CEO de EDESDEV
  • Hugo Barreiro, director I+D+i de LEDISSON AIT
  • Aitor Fernández, UNIVERSAL ROBOTICS

Modera: Leticia Costas, CEO de KIDCODE, comunicadora científica

12.00 h - COFFEE-BREAK, NETWORKING, VISITA EXPOSICIÓN

12.30 h - INNOVACIÓN ABERTA E CO-CREACIÓN
Tomás Garces, lead design engineer en GENERAL ELECTRIC - FIRSTBUILD
Presenta: Maker Faire Galicia

13.00 h - TRANSFERENCIA: DA IDEA AO PRODUCTO

Interveñen:

  • Juan José Areal, responsable do proxecto innovación en procesos. PSA PEUGEOT CITROËN e miembro do comité executivo de BUSINESS FACTORY AUTO
  • José Luis Alba Castro, director de área de transferencia e profesor da Escola de Enxeñéría de Telecomunicacióes, UNIVERSIDAD DE VIGO
  • Luis Mandayo, additive manufacturing adviser e CEO en LUPEON 3D

Modera: Círculo Financiero de Galicia / APD

MESA DEBATE: "INDUSTRIA 4.0 Y MOVIMIENTO MAKER"
Interveñen:

  • ABANCA
  • Fernando Segade, FINSA
  • Juan Martínez Neira, PLEXUS
  • Tomás Garces, GENERAL ELECTRIC

Modera: Maker Faire Galicia

14.30 h - ENTREGA DE PREMIOS "INNOVACIÓN 4.0 / MAKER"

14:45 h - Petiscos, networking, visita exposición

A fin de semana do 25 e 26 manterase para o público xeral.

Sábado 25 
10:00 - 12:00 Charlas WTM 
12:00-13:00 Actuación Juanma Lodo 
13:00-13:30 Charla Cuartielles - Arduino
16:00-17:00 Actuación Uke & The Leles
17:00 -17:30 Charla Neukos 
17:30-18:00 Charla Yago Seijo
19:00-20:00 Actuación Electric Feels

Domingo 26
10:00 - 12:00 Charlas WTM 
12:00-15:30 Charla Richard Stallman 
16:00-20:00 Campionato baile Vella Escola 
20:00 - 21:00 Entrega de premios e clausura

Máis informaciónhttps://galicia.makerfaire.com/ 

 
Visitar
 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas