Magostos no Gaiás. Batallán en concerto

Curros EnríquezCelso Emilio FerreiroRamón CabanillasRosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro, estarán presentes na segunda e derradeira cita dos Magostos do Gaiás 2017 na voz de Luis Emilio Batallán.

O autor de “Aí ven o maio”, disco do que se venderon máis de cincocentos mil exemplares en 1975, fará para esta ocasión un percorrido polos seus temas más coñecidos e tanñeb polos seus últimos traballos.

No entanto, ademais deste concerto, a castaña non pode faltar nun magosto mais, tras a boa acollida do ano pasado, volverá a estar presente dunha forma moi orixinal: a través da degustación de tres petiscos que a teñen como ingrediente principal e, coma sempre, grazas á colaboración da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

 
Música & Escena
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo