Laboratorio Gaiás

Gústanche os experimentos? Soñaches algunha vez con ser científico? No Día dos Museos, o Gaiás convértese nun laboratorio no que poder presenciar e realizar experimentos cos que poñer en valor as cualidades e propiedades dun elemento tan valioso como a auga doce. 

No Circuíto da auga descubrirás que non é só ese líquido incoloro, inodoro e insípido que tomamos cando temos sede ou no que nos remollamos en verán. Poderás xogar, divertirte e aprender experimentando cos científicos de Ciencia Divertida e realizando ti mesmo todas as actividades que che vamos propoñer. Fabricaremos xeo e neve, converteremos dous líquidos nun sólido, simularemos a descontaminación da auga… xogaremos, riremos e ata che poremos os pelos de punta!