Juan Royo: Cultura, valor, empresa

Analizar os novos roles da empresa na sociedade e profundar na súa relación coa cultura e a creatividade como ferramentas transformadoras. Este será o punto de partida do programa formativo Teño unha idea e agora que? Curso práctico para a creación de empresas, que arranca este venres cunha xornada inaugural a cargo de Juan Royo, considerado unha das figuras máis influentes en redes sociais en materia de RSC en España.

Baixo o título Empresa, cultura e valor: responsabilidade social corporativa, convidamos a todos os emprendedores a participar neste obradoiro onde se analizará desde un punto de vista teórico-práctico o papel que ten e pode ter a responsabilidade social corporativa como motor de cambio.

Todos aqueles que non conseguiron praza para o programa formativo ou aquelas persoas interesadas na RSC e na nova empresa teñen agora a oportunidade de participar nesta xornada de balde previa inscrición.