IV Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Cidade da Cultura de Galicia convoca a cuarta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

  1. Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet.
  2. Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica.
  3. Iniciativas na área da xestión cultural.

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura e un premio en metálico de 2.000 euros.

Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 8 de xullo. O nome dos gañadores daranse a coñecer o 30 de setembro. Consulta as bases na área de descargas.

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas