Imposible confinar a primavera | Galería fotógrafica

Teletraballando, non vemos todo o que está a mudar estes días no Gaiás: os abrollos dos bidueiros, as roseiras en flor, os peixiños das carpas...

Pouco antes do illamento, quixemos fotografar a primavera sacándolle as cores ao monte. Mais aquela mañá o sol deixounos plantados e decidimos gardar as imaxes, esperando días máis luminosos.

Agora, coa perspectiva das e dos confinados, a mesma galería de fotos parécennos inmellorable e gustaríanos compartila.

Convidámosvos logo a un petisco de clorofila, desa que —mesmo sendo dixital— nos lembra que, por longo que sexa o inverno, non hai un que non rematase.

  • Álbum fotógrafico: Manuel G. Vicente
 
Visitar