III Premios 'Emprende Gaiás-Sixto Seco'

A Cidade da Cultura de Galicia convoca a terceira edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

  1. Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
  2. Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica
  3. Iniciativas na área da xestión cultural

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking Gaiás da Cidade da Cultura e un premio en metálico de 2.000 euros.

Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 15 de xullo. O nome dos gañadores daranse a coñecer o 20 de setembro. Consulta as bases na área de descargas.

 
 
Visitar
 
8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
11 Nov 2022 - 9 Abr 2023
Inverno 2023
Sábados, domingos e festivos | 11.30 e 13.00 h