FairWay

A Cidade da Cultura de Galicia acolle do 15 ao 18 de outubro Fairway, o primeiro fórum con feira e congreso sobre o Camiño de Santiago.

Fairway será un encontro de reflexión e análise pero tamén de experiencias vitais, networking e intercambios comerciais que reunirá no Gaiás a centenares de profesionais e afeccionados ás diferentes Rutas Xacobeas para compartir vivencias, dar a coñecer negocios vencellados ao Camiño e analizar e ofrecer solucións ás necesidades relacionadas con esta experiencia. Fairway dividirase en tres seccións:

  1. Fairway Forum: un espazo para a reflexión, a análise, a formación e o debate aberto. O congreso divídese en catro paneis para abordar o Camiño de Santiago desde unha perspectiva global: Camiño Outsides (que ofrecerá visións doutros aspectos do Camiño), AfterWay (en torno ao Camiño do despois), OtherWays (sobre outros camiños de peregrinación no mundo) e Camiño Insights (en torno á xestión dos Camiños de Santiago).
  2. Fairway Market: cunha feira de expositores, un workshop no que entrar en contacto directo con hosted-byers, axencias, hoteis e empresas de servizos do Camiño; e Pitch Show, no que ofrecer produtos nun formato áxil, directo e en menos de dez minutos.
  3. Fairway City: Santiago de Compostela, como meta dunha das principais rutas de peregrinación do mundo, será o epicentro dun programa de actividades paralelas culturais y de lecer.