Exhibición de riders | Pista BMX

O Gaiás inaugura unha nova pista deportiva nas inmediacións do seu conxunto arquitectónico. Para estrear esta instalación para a práctica do ciclismo BMX e para que calquera que se achegue poida comprobar as súas potencialidades, celebramos un espectáculo de exhibición con cinco artistas da bicicleta, homes e mulleres, que farán unha demostración de BMX, Dirt Jump e DH.

Parámetro Urbano, os organizadores do coñecido Festival Rompetiño Jump de Porto do Son, serán os encargados de levar a cabo esta demostración, aberta ao público. A pista quedará dispoñible para o uso libre despois da exhibición.

O espectáculo é de acceso libre para o público. A entrada realizarase dende a zona das Torres Hejduk:

Sobre a pista BMX

  • Situada na zona sur do monte Gaiás, sobre un outeiro artificial, conta con400 metros de lonxitude.
  • O circuíto ten un grao de dificultade medio, de xeito que poida resultar atractivo a usuarios de distintos niveis de destreza. 
  • idade mínima para o uso da pista sitúase nos 14 anos. No caso de que sexa utilizada por persoas de menor idade, estas deben facelo baixo a supervisión dunha persoa responsable.
  • Non ten a lonxitude nin o ancho adaptados á normativa para unha pista de carreiras. Aínda así, tivéronse en conta as consideracións de seguridade recollidas na Guía de pistas BMX da Unión Ciclista Internacional

ACCESOS:

  • Dende a Rúa Diego Bernal, subindo polos sendeiros do Bosque de Galicia. A mellor opción se xa ves na bicicleta.
  • Dende o Campo do Gaiás, na zona de aparcamentos. Ten en conta que é unha zona con máis tráfico de coches, por mor do enlace coa autoestrada.
  • Dende as inmediacións das Torres Hejduk. É un acceso máis peonil.