Europa Creativa é o novo Programa de financiamento da UE para o período 2014-2020 destinado a impulsar todos os sectores das industrias culturais e creativas. Será o programa que lles preste apoio aos profesionais europeos que traballan nos diferentes ámbitos da cultura e dos sectores afíns e entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro de 2014.
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá o 17 de xaneiro de 2014 unha xornada informativa sobre o programa 'Europa Creativa', orientada a todos os perfís profesionais do sector cultural, empresas, organismos e entidades tanto públicas como privadas -administracións públicas, fundacións, asociacións, empresas, consultoras e produtoras culturais- que estean interesadas en coñecer o novo marco de financiamento europeo.
O obxectivo da xornada é ofrecer información específica sobre as características do programa e as súas liñas de subvención.
Programa:
09.00-09:45 h | Rexistro dos participantes
10.00- 10:15 h | Acto de apertura
Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
10.15-12:00 h | Moderador: Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura.
- Programa Europa Creativa 2014-2020, Subprograma Cultura. Augusto Paramio, Responsable do Punto de Contacto Cultural, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
- Servizo de información europea da Secretaría Xeral de Cultura. Mar Nogueira, Técnica de Asuntos Culturais Europeos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
12.00 h | Pausa-Café
12.30 h | Mesa redonda sobre boas prácticas na cooperación cultural europea:
- Eva Mejuto-OQO Editora
- Xulio Gómez-European Acoustic Heritage
- Irene García García e Xosé A. Neira Cruz- Proxecto campUSCulturae





