Explorar as emocións do Camiño, o mundo da arte e a cultura do viño. Esta é a proposta de Enocións by Ribeiro: o Camiño das Emocións, un ciclo polo que pasarán de maio a setembro algúns dos máis destacados artistas do país como Guadi Galego, Xurxo Lobato, Pepe Solla ou Carlos Blanco.
Con esta actividade, que se leva a cabo no marco da exposición Camiño. A orixe do Gaiás, a D.O. Ribeiro, colaborador da mostra, mistura ‘enoloxía’ e ‘emocións’, obtendo un novo concepto: ‘enocións’, co que busca subliñar a súa relación histórica co Camiño.
Cada unha das ‘enocións’ ofrecerá unha experiencia emocional completa, que parte da visita á exposición Camiño. A orixe e se completa cunha cata de viños da D.O. Ribeiro e unha actuación de diferentes disciplinas artísticas.
Programa
- 7 de maio | 19 horas: Actuación de Guadi Galego + Fotografías de Xurxo Lobato.
- 11 de xuño | 19 horas: Pepe Solla + DJ Analïs.
- 10 de setembro | 19 horas: Carlos Blanco.




