Enocións by Ribeiro con Guadi Galego e Xurxo Lobato

O ciclo Enocións by Ribeiro: o Camiño das Emocións bota a andar cunha parella de excepción: a música de Guadi Galego e as fotografías de Xurxo Lobato.

Serenidade e contemplación son as ‘enocións’ que busca transmitir esta primeira sesión na que, tras a visita á exposición Camiño. A orixe, o público poderá degustar catro viños da D.O. Ribeiro acompañados pola incrible voz de Guadi Galego, que ofrecerá algúns temas do seu último traballo en solitario Lúas de outubro e agosto;  e un pase de imaxes no que contemplar os impresionantes traballos sobre o Camiño de Santiago do fotógrafo Xurxo Lobato.