DJ Pablo Electrocute + The Commitments

Atardecer no Gaiás 2016 celebra este venres a segunda sesión de cine ao aire libre. A praza central do Gaiás acollerá a proxección de The Commitments, filme dirixido por Alan Parker en 1991 e baseada na novela homónima de Roddy Doyle. Para abrir boca, desde as 21:00 horas, o Atardecer no Gaiás contará cunha pinchada temática a cargo de DJ Pablo Electrocute.

Sinopse de The Commitments: Jimmy Rabbitte (Robert Arkins), que vive ao que saia nun barrio proletario de Dublín, está empeñado en facer realidade un soño: crear unha banda e levar a música soul a súa cidade. Para iso, publica un anuncio nun xornal local e comeza a seleccionar a mozos de vida precaria, pero de gran talento musical. Así nace o grupo The Commitments.