O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Para conmemorar a Biblioteca de Galicia invita a coñecer como é por dentro a biblioteca central do Sistema de Bibliotecas de Galicia. Se queres visitar as súas cinco plantas de depósitos, saber que libros, mapas ou xornais conserva a súa colección, ou como é o traballo diario dos seus técnicos, esta é unha grande oportunidade.
A Biblioteca de Galicia ofrece visitas guiadas, ata un máximo de 15 persoas por quenda, ás 12:00 horas e ás 17:00 horas. Para apuntarse só hai que mandar un correo a bibliotecadegalicia@xunta.gal. Todas as persoas que se acheguen, ademais, recibirán unha bolsa de libros como agasallo.
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Feb - Set 2026
De martes a domingo






