Día da Narración Oral | #aculturasegue

DíadaNarraciónOral | 20demarzo | #aculturasegue

Grazas ás e aos narradores orais, a memoria, as tradicións, os mitos e as lendas foron transmitidas de xeración a xeración en épocas nas que unha porcentaxe alta da poboación non sabía ler nin escribir. Gardiáns e portadores de memorias individuais, familiares e tamén colectivas de pobos enteiros.

Nestes días non podemos arrexuntarnos á calor dunha lareira ou nunha cómoda butaca a agardar que suba o pano, pero podemos seguir compartindo xuntos e xuntas as emocións e sorrisos cómplices, que as boas historias e os bos contadores, como Celso Fernández Sanmartín, sempre nos provocan e evocan.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás