Copia de seguridade

A linguaxe dos ordenadores xa non terá segredos para ninguén. A través dun debuxo creado por eles mesmos, os rapaces descubrirán que misterios agocha o mundo dixital. Unha actividade coa que coñecerán a tecnoloxía básica que fai posible a realización de fotos, debuxos animados ou películas.

Convertidos en artistas, os rapaces deberán realizar un debuxo que posteriormente será convertido nunha sucesión de ceros e uns, a linguaxe que utilizan os ordenadores. Un exemplo perfecto para entender como unha obra en papel pode verse nunha pantalla. Como complemento, cada un dos participantes levará para casa unha copia de seguridade do seu debuxo en papel neste código, que poderá imprimir sempre e cando o desexe.

Un obradoiro no que os máis pequenos descubrirán o significado do código binario, introduciranse na arte contemporánea e coñecerán en primeira persoa os pasos habituais dentro do proceso de creación dunha obra de arte.