Artes e interculturalidade, infancia e integración, e arte na terceira idade. Estes serán os tres puntos clave da xornada de conferencias que o Encontro Artes pola Integración celebrará o 27 de xuño no Gaiás.
Unhas conferencias onde se verificará, avaliará e proporá desde diferentes áreas do coñecemento como a pedagoxía, as políticas públicas, a socioloxía, a cooperación cultural e sobre todo desde as prácticas artísticas contemporáneas a inclusión de facer arte en comunidade como ferramenta vital e coherente co desenvolvemento das sociedades actuais.
Esta xornada analizará as bases conceptuais e procedimentais dunha educación inclusiva formal (realizada sobre todo nos centros educativos) e non formal (realizada en museos, salas de espectáculos, fundacións e proxectos específicos).
Consulta o programa da xornada na área de descargas.
| 290.48 KB |





