Conferencias e master classes Serán'01

Serán’01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional quere ter tamén un espazo para a análise e a aprendizaxe profesional, e por iso vai incluír tanto conferencias como master classes de baile tradicional galego. O programa completo do evento pode consultarse na sección de descargas deste mesmo web.

Master classes: Estas sesións formativas están especializadas en variedades de diferentes comarcas de Galicia e impartidas por persoas expertas na materia, abordando temas como expresividade e colocación corporal, movemento, puntos, voltas, descanses e coreografías. Están dirixidas a bailarinas e bailaríns experimentados no baile tradicional que queiran ampliar coñecementos sobre as distintas variedades xeográficas. Dado que as prazas por cada master class son limitadas, cómpre inscribirse a través dos seguintes enlaces:

Sabado 9 de xuño: 

Domingo 10 de xuño:

Conferencias, presentacións e mesa redonda Serán'01: As conferencias Serán'01, que terán lugar no Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás, son de asistencia aberta a todo o público interesado:

Venres 8 de xuño:

  • 16:00h.- Conferencia: "O Bailagrama" método de escritura para o baile tradicional por Sergio Cobos
  • 17:00h.- "Cóntoche un Traxe" por Montse Rivera
  • 18:00h.- Presentación “Método do tambor Galego” por Andrés Vilán

Sábado 9 de xuño

  • 10.30h.- Proxección Documental “Tempo de Recolleita” de Felix Blume
  • 12:00h.- Presentación colección “Chave Mestra” de aCentralfolque por Ramon Pinheiro Almuinha
  • 14:00h.- Presentación curta: “Irei a Darbo” por Miguel Sotelo
  • 14:30h.- Presentación editorial "Canela"
  • 16:00h.- Mesa redonda: “Realidade e futuro do baile tradicional galego”
    • Isidoro Rodríguez – integrante do colectivo María Castaña
    • Pedro Brañas – director de Cantigas e Agarimos
    • María Rodríguez – bailarina do Etnográfico das Mariñas
    • Xisco Feijoo – bailarín e ex-director de O Fiadeiro
    • Marisol Palomo – Ialma
    • Coordinadora de mesa: Olga Kirk – directora do Grupo Donaire 
  • 18.00h.- Conferencia “Ourivería galega” por Pancho Álvarez.

Domingo 10 de xuño:

  • 13:30h.- Charla, demostración, exposición "Debandado da seda e a súa historia en Galicia", María Xosé Martínez Pérez