Master Class Serán'01: O Maneo de Bergantiños

A master class O Maneo de Bergantiños tratará as técnicas de baile tradicional desta zona de Galicia. Estará impartida polo especialista Miro Regueira Castañón.

En todas as Master Classes de Serán'01 aprenderanse as materias de: expresividade e colocación corporal, movemento, puntos, voltas, descanses e coreografías especificas das zonas a tratar en cada caso.