A Biblioteca e Arquivo de Galicia convida a vivir no Gaiás o Día das Bibliotecas, efeméride que celebramos cada 24 de outubro para trasladar importancia da biblioteca como lugar de encontro cos lectores de todas as idades, coa cultura e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Por este motivo, a Biblioteca de Galicia abrirá as súas portas o luns, 24 de outubro, para que todo aquel que o desexe poida descubrir os segredos que agocha esta institución. Será a través dunha visita guiada, que terá lugar ás 12 horas e que se prolongará durante 90 minutos. Xunto con esta actividade, a Biblioteca de Galicia celebrará durante toda a xornada a iniciativa Elixe o teu libro, coa que agasallará cunha obra a cada persoa que visite a institución.
